Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27135

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (493/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 493/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Míguez Iglesias contra a empresa María Carmen Ortega Campos (Café Ribadin), Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decisión que estimando a demanda interposta por Laura Míguez Iglesias, con DNI 47351682-H, contra a empresa María Carmen Ortega Campos, debo declarar e declaro que procede, e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 4.571,16 €.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificanate acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, e poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a María Carmen Ortega Campos (Café Ribadin), en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xuño de 2012

A secretaria xudicial