Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27245

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2012 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de xullo de 2012 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, atribúe ao órgano competente en materia forestal o deseño do operativo de extinción de incendios forestais a través do Plan de Defensa contra Incendios Forestais (Plan Pladiga) no que se recollen as necesidades para acadar os obxectivos establecidos, correspondéndolle á Consellería do Medio Rural e do Mar definir as épocas de perigo alto, medio e baixo, que condicionan a intensidade das medidas que se van adoptar para a defensa do territorio de Galicia.

Concretamente, esta modificación ten por finalidade dimensionar a estrutura organizativa do persoal e adecuala ás necesidades do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) en época estival, que de forma permanente é declarada como época de alto risco, dando apoio nas tarefas de extinción dos incendios forestais.

En consoancia co anterior, a consellería competente vén declarando reiteradamente como época de perigo alto de incendios forestais as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de cada ano, sen prexuízo doutros períodos declarados, ocasionalmente, de alto risco e provocados por condicións meteorolóxicas excepcionais.

Por conseguinte, e de conformidade co exposto considérase necesaria a creación dos postos de traballo que se indican no anexo seguinte da RPT da Consellería do Medio Rural e do Mar, para prestar servizos: nas emisoras das dependencias oficiais, casetas propias de vixilancia nos montes, ou en camións de extinción propios, dando apoio ao dispositivo que cada ano se deseñe no SPDCIF e que durante a época de alto risco en época estival presta os seus servizos con maior intensidade durante as 24 horas do día.

A creación destes postos suporá un incremento de persoal no SPDCIF durante tres meses, na época de verán de alto risco, producíndose a súa incorporación no momento que se estableza na planificación de cada campaña, en función das circunstancias climatolóxicas concretas, por iso en observacións indícase o seguinte: «Apoio Campaña de Verán Alto Risco».

En consecuencia, por proposta da Consellería do Medio Rural e do Mar, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 5 de xullo de 2012, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor o mesmo día da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 5 de xullo de 2012, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file