Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27308

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 2 de xullo de 2012 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 27 de decembro de 2011 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

O día 5 de xaneiro de 2012, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 27 de decembro de 2011 (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2012) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2012.

No seu artigo 14 precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas e sinálase que as dotacións iniciais se poderán incrementar.

Coa finalidade de poder amparar todas as solicitudes de axudas ao fomento da silvicultura en bosques no medio rural, no marco das axudas ao desenvolvemento rural en Galicia e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas axudas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

ACORDO:

Ampliar a dotación orzamentaria asignada á Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 16.20.713B.770.0 por importe de 4.000.000,00 de euros, nas seguintes anualidades:

– Ano 2012: 1.000.000,00 de euros.

– Ano 2013: 3.000.000,00 de euros.

Como resultado desta ampliación, o orzamento total asignado a esta orde, no exercicio do ano 2012 e 2013, ascende ás seguintes cantidades:

– Ano 2012: 2.000.000,00 de euros na aplicación orzamentaria 16.20.713B.770.0.

– Ano 2013: 6.000.000,00 de euros na aplicación orzamentaria 16.20.713B.770.0.

Esta dotación poderá ser incrementada con fondos comunitarios, do Estado, ou da Comunidade Autónoma.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar