Antonio García Rodríguez, en representación de Ganadería García Viña, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación de nave avícola, que se situará en Guldriz de Abaixo (Guldriz). En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.
Friol, 19 de xuño de 2012
(Decreto alcaldía do 5.7.2011)
José Ángel Santos Sánchez
Alcalde