Jesús Méndez Rodríguez, Marrote, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación dunha nave para corte e almacén e construción dunha esterqueira que se situará no Marco Baixo (Álvare). En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.
A Pastoriza, 2 de xullo de 2012
Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde