Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28012

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 148/2012, do 12 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

O artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, establece as medallas que, anualmente, se poderán outorgar nas súas distintas categorías.

Tendo en conta o previsto no artigo antes indicado, o Goberno galego ten a vontade de outorgarlle a súa máis alta distinción á entidade e á persoa que se indican a seguir.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de xullo de dous mil doce,

DISPOÑO:

Conceder a Medalla de Ouro de Galicia a:

– Javier López López, a título póstumo.

– Rodrigo Maseda Lozano, a título póstumo.

– José Antonio Villamor Vázquez, a título póstumo.

– Milladoiro.

– Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de xullo de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza