Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28044

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2012 pola que se nomea profesorado de corpos docentes universitarios (DF1201).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante Resolución desta universidade do 14 de febreiro de 2012 (BOE do 22 de febreiro), e tras presentaren as persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7ª da convocatoria.

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 5 de xullo de 2012

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código: DF1201-T04-555-CU-01.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: A-555 Enxeñaría Química.

Departamento: T04 Enxeñaría Química.

Centro de traballo: 312 Escola de Enxeñaría Industrial-Vigo.

DNI: 32444231-V.

Nome e apelidos: Ángel Manuel Sánchez Bermúdez.