Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2012 Páx. 28046

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1581/2012).

Secretaría: Sr. Gamero López-Peláez.

Tipo e número de recurso:recurso de suplicación 1581/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 827/2011 Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Recorrente: María del Carmen Pardo Casal.

Avogado: Manuel Fernández Veiga.

Recorrida: Intermediarios de Coruña, S.L.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da sección número 2 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1581/2012, seguido por instancia de María Carmen Pardo Casal contra Intermediarios Coruña, S.L., ditouse a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Manuel Fernández Veiga, en nome e representación de María del Carmen Pardo Casal, contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, con data do 1 de febreiro de 2012, ditada en autos número 827/2011, seguidos por instancia de María del Carmen Pardo Casal contra a empresa Intermediarios de Coruña S.L., debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Intermediarios de Coruña, S.L., con último domicilio coñecido na Coruña, Monte das Moas, 15, baixo esquerda, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de xuño de 2012

O secretario xudicial