Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de disolución da Federación Gallega de Residencias de la Tercera Edad (Fegarte).

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que:

No correspondente servizo desta dirección xeral recibiuse o 11 de xuño de 2012, acta da Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Galega de Residencias da Terceira Idade (Fegarte), onde se reflicte o acordo de disolución da devandita federación, acadado segundo establece o artigo 53 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais