Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación do contrato harmonizado, por procedemento aberto e trámite ordinario, da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipos da Residencia de Maiores de Oleiros (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Obras.

c) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo perfil contratante:http//:www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17673

e) Número de expediente: 57/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipos da Residencia de Maiores de Oleiros (A Coruña).

CPV: (referencia de nomenclatura): 09.31.00.00-5, 09.12.30.00-7, 09.13.40.00-7, 34.91.30.00-0, 50.53.00.00-9.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de entrega e instalación: Residencia Asistida de Maiores, rúa Lugar Pousada, 15173 Oleiros (A Coruña).

d) Prazo de execución: 10 anos, computados unha vez transcorridos trinta días naturais desde a data da súa formalización, sen posibilidade de prórroga.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 2.440.677.97 €. IVE (18%): 439.322,03 €, importe total: 2.880.000,00 €.

5. Garantías.

Provisional: 48.813,56 €.

Definitiva: si, 5% do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia: ver punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17673

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas) e 981 54 15 45 Paula Uría Traba.

e) Telefax: información índole administrativa: 981 54 56 85. Información índole técnica: 981 54 73 90 e 981 54 15 15.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación de ofertas: 17.8.2012.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 17.8.2012.

b) Documentación a presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1. Oficina de rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a sábado en horario de 9.00 a 14.00 h.

2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: apertura da documentación do sobre B: 28.9.2012 ás 12.00 horas. Apertura da documentación do sobre C: 9.10.2012 ás 12.00 horas.

e) No perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17673) publicarase o lugar e hora do acto público de apertura dos sobres B e C, así como calquera posible variación das datas antes indicadas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 27.6.2012.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria general técnica da Consellería de Trabllo e Benestar