Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2012, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Hospital Universitario Lucus Augusti) de Lugo, pola que se anuncia a contratación do arrendamento, sen opción de compra, de equipamentos láser multifunción (fotocopiadora, impresora, escáner e fax) mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria, adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor (procedemento AB-HLA1-12-009).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Hospital Universitario Lucus Augusti).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: r/ Dr. Ulises Romeu, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo 27003.

4) Teléfonos: 982 29 60 24, 47 e 57.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: fernando.lopez.soto@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-HLA1-12-009.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: arrendamento.

b) Descrición: arrendamento/mantemento, sen opción de compra, de equipamentos láser multifunción e dunha encuadernadora eléctrica para o Hospital Universitario Lucus Augusti e demais centros dependentes do Complexo Hospitalario Xeral-Calde en Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/cinco/51.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Lugar: Hospital Universitario Lucus Augusti.

2) Domicilio: r/ Dr. Ulises Romeu, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 36 meses/30 días.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 30121100-4. «Fotocopiadoras». 50313000-2 «Perforadora».

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o punto 11 da carátula.

4. Valor estimado do contrato: 124.028, 61 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importes: s/IVE: 82.685,74 €, IVE (18%): 14.883,43 €, c/IVE: 97.569,17 €.

6. Garantías exixidas: provisoria (importe): 0,00 €. Definitiva: 5% do importe da adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso (para os empresarios non españois dos Estados membros da Unión Europea):

1) Solvencia económica e financeira: ver o punto 16 da carátula.

2) Solvencia técnica e/ou profesional: ver o punto 17 da carátula.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

1. Data límite de presentación: as catorce horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. Modalidade de presentación: a apuntada nos pregos.

3. Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral, 2º andar do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2) Enderezo: r/ Dr. Ulises Romeu, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo 27003.

«Se o último día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, o prazo prorogarase ata o primerio día hábil seguinte».

4) Número previsto de empresas que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

5) Admisión de variantes, se procede: non.

6) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: Hospital Universitario Lucus Augusti. R/ Dr. Ulises Romeu, 1.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante: 10.00 horas.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/os adxudicatario/s do procedemento.

11. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 27 de xuño de 2012

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde