Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo P.O. número 728/2011, interposto polo Sindicato de Enfermería SATSE.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, tramítase o recurso 728/2011 (procedemento ordinario) interposto polo Sindicato de Enfermería SATSE contra o Decreto 110/2011, do 3 de xuño (DOG do 16 de xuño), polo que se crean no ámbito do Servizo Galego de Saúde as categorías estatutarias de persoal técnico superior e de grao medio en prevención de riscos laborais, e así mesmo contra cantos actos, disposicións ou actuacións deriven do dito decreto impugnado.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no prazo de nove (9) días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012

(Por delegación de sinatura do 22 de xuño de 2012)
Mercedes Castro Seijas
Subdirectora xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional