Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración de capacidade de almacenamento e backup do Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050, cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico 2007-2013 (AB-SER1-12-028).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-12-028.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de capacidade de almacenamento e backup do Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: tres meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-1.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Solución técnica backup

0 - 35

Solución técnica almacenamento

0 - 10

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0 - 40

Ampliación almacenamento

0 - 15

4. Valor estimado dos contratos: 158.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 158.000 euros. Importe total: 186.440 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 das follas de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida no número 19 da folla de especificacións, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal:15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

Outras informacións: o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico nun 70%. Eixe 1, tema prioritario 2.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos