Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 2 de xullo de 2012 polo que se empraza a María Teresa Orduña Domingo para notificarlle a Resolución reitoral do 18 de xuño de 2012 que pon fin ao expediente disciplinario incoado por Resolución reitoral do 21 de novembro de 2011.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentadas as notificacións persoais, emprázase a María Teresa Orduña Domingo para notificarlle a resolución que pon fin ao expediente disciplinario aberto por Resolución reitoral do 21 de novembro de 2011.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao desta publicación, no despacho da Asesoría Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela no Colexio de San Xerome; praza do Obradoiro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, entenderase efectuada a notificación desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela