Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28413

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública sobre licenza para a mellora de explotación gandeira.

Marcos Blanco Blanco, en representación de Gandería Blanco de Vilalba, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para a mellora de explotación gandeira en Vilalba, Coucieiro. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, co fin de que durante este prazo, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Val do Dubra, 25 de xuño de 2012

Ramón Camilo Varela Mariño
Alcalde