Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28414

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública para mellora de explotación de gando vacún.

José Roberto Pena Gigirey, solicitou nesta Alcaldía en representación de Avermiosa, S.C., licenza municipal para a mellora de explotación de gando vacún leiteiro consistente na construción de corte libre e dúas balsas para o xurro en Reboredo-Buxán. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, a fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG–, poidan examinar o expediente na secretaría deste Concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Val do Dubra, 25 de xuño de 2012

Ramón Camilo Varela Mariño
Alcalde