Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maceda

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 7 de xuño de 2012, acordou:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal.

2. Abrir un período de información pública durante dous meses, mediante anuncios no taboleiro do Concello, no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Región e La Voz de Galicia. O citado período iniciarase ao día seguinte da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

3. A suspensión do outorgamento de licencias naqueles ámbitos do territorio obxecto da modificación. A dita suspensión extinguirase, en todo caso no prazo dun ano, ou coa aprobación definitiva da modificación.

Maceda, 11 de xuño de 2012

Francisco Xabier Oviedo Rodríguez
Alcalde