Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación de explotación de polos en San Martiño de Condes.

Fidel Moreno Sieiro, en representación de Finca Agruñeiras, S.C., solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a ampliación de explotación de polos que se situará en San Martiño de Condes. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Friol, 26 de xuño de 2012

(Decreto da Alcaldía 13.6.2011)
José Antonio Abuín Villar
Tenente de alcalde