Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 354/2008).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 2 do proxecto LMT, CT e RBT San Martín.

Situación: ayuntamiento de Boiro.

Características técnicas:

– Paso aéreo subterráneo, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,074 km, coa orixe e final no apoio da LMTA existente entre CT Fonte do Seixo (expediente 31408) e o CT Boliña (expediente 51503), coa instalación de SXS en apoio frecuentado, condutor tipo LA-110 mm².

– Liña de media tensión subterránea a CTC San Martín, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,684 km, coa orixe en apoio que se substituirá entre o CT Fonte do Seixo (expediente 31408) e o CT Boliña (expediente 51503), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final no CTC San Martín proxectado.

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Saídas de baixa tensión subterráneas do CTC San Martín, cunha lonxitude de 0,390 km, coa orixe no CTC San Martín, condutor tipo XZ1-0,6/1 kV-4×240 Al.

– Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 2,159 km, coa orixe na RBTS de CTC San Martín, condutor tipo RZ, e apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 25 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña