Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución do procedemento para deixar sen efecto a resolución de concesión da axuda e declarar a perda do dereito ao seu cobramento para o expediente de restruturación e reconversión de viñedo número 36/10/255.

Por non ser posible notificar mediante o servizo de Correos, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle mediante este anuncio á interesada, co último domicilio coñecido que se sinala a continuación, a resolución do procedemento para deixar sen efecto a resolución de concesión da axuda e declarar a perda do dereito ao seu cobramento para o expediente de reestruturación e reconversión de viñedo que se detalla.

A interesada que figura no anexo poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Subdirección Xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias, situadas no edificio administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderanse producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: 36-10-255.

Interesada: Nélida Paz Vázquez.

Enderezo: A Miñoteira, Valeixe, 36883 A Cañiza, Pontevedra.