Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 5 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a interposición de recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 538/2011, por Soledad Barreiro Rodríguez contra acto da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, con sede na Coruña, Soledad Barreiro Rodríguez interpuxo recurso contencioso-administrativo contra a desestimación presunta por silencio administrativo de recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Ramil (Castro de Rei, Lugo).

Mediante oficio do alto tribunal do 21.5.2012 ordenouse, entre outras, a esta Administración a remisión do expediente administrativo e o emprazamento de todos os interesados.

Tras ter intentado a notificación persoal e ignorándose o paradoiro actual de Leonardo Ameijide Tellado con último enderezo en Ramil, 1, Castro de Rei (Lugo), como parte interesada no procedemento citado, publícase a presente notificación para que sirva de emprazamento, se o considerase conveniente aos seus intereses, e compareza ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, acompañado de avogado tal e como prescribe o artigo citado.

Lugo, 5 de xullo de 2012

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo