Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución de baixa no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Calidade Diferenciada da explotación ES3605201819.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notificaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución de baixa no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Calidade Diferenciada da explotación ES3605201819.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras, situadas na avenida Rodríguez de Viguri 47 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución de baixa no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Calidade Diferenciada da explotación ES3605201819 e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, ao non ser firme en vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante o secretario xeral do Medio Rural e Montes, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigos 114 e 115, e da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, artigo 26.2.c).

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: Rexistro de Explotacións Leiteiras Galegas de Calidade Diferenciada.

Persoa interesada: Ganadería Liñares Zobra.

Acto de notificación: resolución de baixa no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Calidade Diferenciada da explotación ES3605201819.

Último enderezo coñecido: Outeiro 3, Refoxos, 36544 Silleda (Pontevedra).