Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 6 de xullo de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación do monte Costa de Arriba, Costa de Abaixo, Monterroso I e II, e Outeiro a favor dos veciños de Bouzas, parroquia de Garabás, no concello de Maside (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data 4 de xullo de 2012, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Costa de Arriba, Costa de Abaixo, Monterroso I e II, e Outeiro, solicitada polos veciños de Bouzas, parroquia de Garabás, no concello de Maside (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data 11 de maio de 2011 tivo entrada no rexistro da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños de Bouzas, parroquia de Garabás, no concello de Maside (Ourense), no que solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. Con data do 25 de xaneiro de 2012, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación do referido monte, designar instrutor e realizan as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: Maside.

Denominación do monte: Costa de Arriba, Costa de Abaixo, Monterroso I e II, e Outeiro.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Bouzas, parroquia de Garabás.

Superficie total: 76.924 m2 aproximadamente.

– Costa de Arriba.

Superficie: 53.488 m2

O monte está integrado no polígono 3 do plano catastral do concello de Maside, coas parcelas seguintes:

Parcela 84 (superficie 45.574 m2).

Parcela 85 (superficie 4.221 m2).

Parcela 420 (superficie 1.309 m2).

Parcela 9007-camiños do monte (superficie 2.384 m2).

Estremas:

Norte: Avelina Quintela Álvarez, Josefa Quintela, Elisa Domínguez Otero, Ernesto García González, Eligio González González, Carmen Álvarez Álvarez, Rogelio Mato Álvarez e outros.

Sur: María Carmen López Crespo, José Antonio Gómez González, Raúl Emilio Rodríguez Álvarez, común de Gulfar e outros.

Leste: estrada a Bouzas, Jesús Pinto Morante, Antonio Rodríguez Domínguez, Avelina Quintela Álvarez e outros.

Oeste: Juana Pousa Pérez, Andrés Carid García, Pío González, María Otero Pousa e outros.

– Costa de Abaixo.

Superficie: 976 m2.

O monte está integrado no polígono 7 do plano catastral do concello de Maside, coas parcelas seguintes:

Parcela 929 (superficie 237 m2).

Parcela 510 (superficie 150 m2).

Parcela 449 (superficie 589 m2).

Estremas:

A parcela 929 linda o sur e leste con camiño e oeste con estrada de Bouzas a Cea, ao norte con valado de leira de Jesús Pinto Morante.

A parcela 449 linda o norte, sur, leste e oeste con camiño, cruzado de leste a oeste por un tendido eléctrico de alta tensión.

A parcela 510 linda ao norte e leste con camiño, oeste con estrada de Maside a Cea, sur con leira de Emilio Fernández (Gobia en medio)

– Monterroso I.

Superficie: 11.589 m2.

O monte está integrado no polígono 7 do plano catastral do concello de Maside, na parcela 451 (Superficie 11.589 m2).

Estremas:

Norte: estrada de Bouzas a Subirexa.

Sur: Rosa González González.

Leste: granxa de Benita Casares García.

Oeste: María del Carmen Rubianes Suárez, Encarnación Soto Gayoso, Esther Álvarez, Manuel Ramón Brenlla Anllo e outros.

– Monterroso II.

Superficie: 7.359 m2.

O monte está integrado no polígono 7 do plano catastral do concello de Maside, coas parcelas seguintes:

Parcela 920 (superficie 6.626 m2).

Parcela 981 (superficie 254 m2).

Parcela 963 (superficie 479 m2).

Estremas:

Norte: estrada de Bouzas a Subirexa.

Sur: Francisca Álvarez González, María Gloria González García, María Dolores García Quintela, Juan Barrosa Filgueira, María del Carmen Rubianes Suárez e outros.

Leste: estrada Maside-Subirexa e parcela comunal de Subirexa.

Oeste: Odilo Álvarez Quintela e outros. A parcela está cruzada de leste a oeste por un camiño que parte da estrada de Maside a Subirexa e leva a unha granxa e ao comunal de Monterroso.

– Outeiro.

Superficie: 3.512 m2.

O monte está integrado no polígono 7 do plano catastral do concello de Maside, na parcela 921 (Superficie 3.512 m2).

Estremas:

Norte e leste: camiño.

Sur: César Rodríguez Blanco, Manuel Rodríguez Peña, Francisca Crespo García e outros.

Oeste: María González Rodríguez, Manuel González Rodríguez, Eligio González González, Manuel Pérez e outros.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cuotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña defsfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños de Bouzas, parroquia de Garabás, no concello de Maside (Ourense) o monte denominado Costa de Arriba, Costa de Abaixo, Monterroso I e II, e Outeiro, coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 6 de xullo de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense