Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29656

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1342/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1342/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame é do teor literal seguinte:

«Na Coruña, 7 de xuño de 2012. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) de A Coruña, os autos número 1342/2009, promovidos por instancia de Domingo Rodríguez Rodríguez, representado polo seu letrado Sr. Güemez Abad, contra a empresa Alternativa Betanzos 2001, S.L., que non comparece no acto do xuízo e o Fogasa, que tampouco comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando a demanda formulada por Domingo Rodríguez Rodríguez, representado polo seu letrado Sr. Güemez Abad e contra a empresa Alternativa Betanzos 2001, S.L., que non comparece no acto do xuízo, e o Fogasa, que tampouco comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 7.381,84 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Alternativa Betanzos 2001, S.L. expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2012

A secretaria xudicial