Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29654

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1413/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1413/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame é do teor literal seguinte:

«Na Coruña, o dezaoito de xuño de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 reforzo desta cidade, os autos número 1413/2009, promovidos por instancia de Gonzalo Julián Aboal Vázquez, representado polo seu letrado Sr. Sanz Fernández, e contra a empresa Distribuidora El Pórtico Roca Grande, que non comparece no acto do xuízo, e o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada Sra. Abajo Lera; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando a demanda formulada por Gonzalo Julián Aboal Vázquez, representado polo seu letrado Sr. Sanz Fernández e contra a empresa Distribuidora El Pórtico Roca Grande, que non comparece no acto do xuízo, e o Fogasa, que comparece representado pola súa letrada Sra. Abajo Lera, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao Sr. Aboal a cantidade de 778,79 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Distribuidora El Pórtico Roca Grande, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2012

A secretaria xudicial