Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29756

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar

RESOLUCIÓN D/008/2012, do 18 de xullo de 2012, do director do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín, pola que se modifica a Resolución D/006/2012, do 25 de xuño, pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente (CPD03). Curso académico 2012/13.

En cumprimento do establecido no escrito número 3765, do 13 de xullo, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, modifícase o anexo I (Prazas) da Resolución D/006/2012 pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente (CPD03) para o curso académico 2012/13, no sentido seguinte:

Onde di:

«Referencia da praza: 03-PCUD3-02.

Categoría: PCUD3 contratado.

Prazas: 3.

Titulación: licenciado, enxeñeiro, arquitecto, graduado ou equivalente.

Perfil: «Elasticidade e ampliación de resistencia de materiais», «Enxeñaría térmica I» e «Máquinas de fluídos».

Debe dicir:

«Referencia da praza: 03-PCUD3-02.

Categoría: PCUD3 contratado.

Prazas: 2.

Titulación: licenciado, enxeñeiro, arquitecto, graduado ou equivalente.

Perfil: «Elasticidade e ampliación de resistencia de materiais», «Enxeñaría térmica I» e «Máquinas de fluídos».

Todos aqueles candidatos que remitiron a súa solicitude para concursar ás prazas de referencia 03-PCUD3-02 e que, como consecuencia desta modificación, desexen ser excluídos do concurso, deberán cubrir o formulario para o efecto que atoparán na web do CUD (http://cud.uvigo.es – Persoal – Persoal docente e investigador (PDI) – Concursos de profesorado – Terceiro concurso de persoal docente Contratado (código CPD03) – Modelo de renuncia) e remitilo asinado e escaneado ao enderezo de correo electrónico da Secretaría do CUD (secretaria@cud.uvigo.es) no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de ter aboado taxas de participación, estas seranlles reintegradas.

Marín, 18 de xullo de 2012

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín