Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29755

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO de información pública sobre planta de aglomerado asfáltico en Morgade (Seteventos).

Julio Pérez Taboada, en representación de Asfaltos y Viales, S.L., solicitou licenza municipal para planta de aglomerado asfáltico que se situará na estrada de Ferreira a Currelos, no lugar de Morgade-Seteventos.

En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do día 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O presente anuncio servirá de notificación a todos aqueles lindantes aos que non se lles puido practicar a notificación, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Saviñao, 25 de xuño de 2012

Joaquín González González
Alcalde