Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29644

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (316/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 316/2012 CRS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 835/2010, Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Recorrentes: Chronoexpress S.A., Jorge González Fernández.

Avogado: avogado do Estado Pedro Blanco Lobeiras.

Procurador/a: José Antonio Castro Bugallo.

Recorridos: José Manuel Casas Señarís, estrada antiga estación Viella-Asociación Reto a la Esperanza 17, piso, Colloto, 33426 Siero.

Recorrida: Mª Yolanda Peón Fernández.

Avogado: Xosé Febreiro Bande.

Recorrida: Patricia Alende García.

Avogado: Torcuato Labella Lozano.

Recorrido: Fogasa.

Secretaria: María Asunción Barrio Calle.

Que no procedemento de recurso de suplicación 316/2012 desta sección, seguido por instancia de Jorge González Fernández contra Chronoexpress, S.A., José Manuel Casas Señaris, Mª Yolanda Peón Fernández, Patricia Alende García e o Fogasa, sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que con estimación do recurso que foi interposto por Jorge González Fernández, revogamos a sentenza que con data 4.7.2011 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, e acollendo a demanda declaramos nulo o despedimento de que foi obxecto o demandante, con data de efectos de 3.7.2010, e condeno a empresa Chronoexpress, S.A. a que proceda á súa inmediata readmisión no seu posto de traballo, coas mesmas condicións que existían con anterioridade ao despedimento, e a aboarlle os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da súa efectiva readmisión, a razón de trinta e un euros (31 €) diarios.

Así mesmo, desestímase o recurso interposto pola empresa Chronoexpress, S.A.

Así mesmo, condenamos a parte recorrente a que polo concepto de honorarios satisfaga 300 € ao letrado da parte impugnada. E igualmente acordamos, se é o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario, José Manuel Casas Señarís, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a José Manuel Casas Señarís, con último domicilio coñecido na estrada Antigua Estación, Asociación Reto a la Esperanza, 33423 Siero, Asturias, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de xullo de 2012

A secretaria xudicial