Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29642

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1582/2008-CRS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1582/2008-CRS.

Materia: reintegro de prestacións.

Recorrentes: Mutua Asepeyo.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Telecomunicaciones, S.L. Letrado: Iñaki Pérez Moreno. Herdeiros de Antonio Millares, García Conde, r/ Capitán Juan Varela, 14, 1º B, 15007 A Coruña.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 da Coruña. Demanda: 773/2005.

Secretaría: Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1582/2008-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 773/2005, do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por Mutua Asepeyo contra Telecomunicaciones, S.L., sobre reintegro de prestacións, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que considerando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua Asepeyo contra a Sentenza de data 15 de xaneiro de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 4 desta capital, nos presentes autos 773/2005, tramitados por instancia da referida recorrente, fronte aos demandados, Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa P17 Telecomunicaciones, S.L., así como fronte aos herdeiros legais do traballador falecido Antonio Millares García-Conde, revogamos a dita sentenza, e con estimación da demanda, declaramos a responsabilidade directa da citada empresa demandada P17 Telecomunicaciones, S.L. ao pagamento das diferenzas resultantes por infracotización, que ascenden á suma de vinte e nove mil trescentos setenta e catro con oitenta e sete euros (29.734,87 euros), coa responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Déase aos depósitos e consignacións efectuados pola Mutua para recorrer o destino legal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte, Telecomunicaciones, S.L., que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Telecomunicaciones, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Tablada 12, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña, 2 de xullo de 2012.

A secretaria xudicial