Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29753

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO de información pública sobre a construción de nave para almacenaxe de xoguetes no parque empresarial.

Regueira Lorenzo, S.L., con CIF B32250227, representada por Antonio Suarez Núñez, con DNI 34936713-N, presentou neste concello expediente número 1366/12/AC, de solicitude de licenza para construción de nave para almacenaxe de xoguetes, que se situará na parcela 13, polígono de actuación 2A, do parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

De conformidade co disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar, na Secretaría deste concello, e para que formulen os interesados as alegacións que xulguen oportunas.

O Pereiro de Aguiar, 29 de xuño de 2012

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde