Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO de información pública sobre a construción dun punto limpo en Vilaboa (Sabadelle).

Presentado neste concello pola Diputación Provincial de Ourense (expediente número 250/12/AC), de solicitude de licenza para construción dun punto limpo, en convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que se situará na parcela 2, sita en Vilaboa, parroquia de Sabadelle, de tres mil (3.000,00) metros cadrados, clasificada como solo rústico de protección ordinaria segundo o PXOM deste concello, cos seguintes lindeiros: nordeste: camiño de acceso e parcela A; sudeste: parcela A; noroeste: parcela A e suroeste: parcela A, resultante da segregación do predio matriz identificado coa referencia catastral 32059A084005740000OJ, concedida pola Xunta de Goberno Local do 17 de febreiro de 2012.

De conformidade co disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar na Secretaría deste concello e que formulen os interesados as alegacións que xulguen oportunas.

O Pereiro de Aguiar, 29 de xuño de 2012

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde