Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29751

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública para ampliación de explotación de gando vacún de leite.

José María Bouso Salgado solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación de gando vacún de leite que se situará en Rea da Cruz (Alvare). Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

A Pastoriza, 16 de xullo de 2012

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde