Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29750

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública (expediente 2012006646 de planeamento urbanístico).

Anúnciase que a Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 21 de xuño de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«81. Expediente Negociado Planeamento Urbanístico número 6646/2012. Estudo de detalle da UE 15 do PEPRI do núcleo histórico.

A Xunta de Goberno local, de conformidade coa proposta, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudo de detalle da UE 15 do PEPRI do núcleo histórico, segundo documento técnico redactado de oficio.

2. Sometelo a información pública durante o prazo mínimo de vinte días, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia».

Ourense, 2 de xullo de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde presidente