Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29749

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lourenzá

ANUNCIO de información pública sobre reparación e venda de motos, bicicletas e equipamentos forestais e de xardinaría no parque empresarial.

Manuel Mª Balseiro Legide solicitou desta alcaldía licenza municipal para reparación e venda de motos, bicicletas e equipamentos forestais e de xardinaría que se situará na parcela 6 do parque empresarial de Lourenzá. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lourenzá, 3 de xullo de 2012

Vidal Martínez-Sierra López
Alcalde