Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29748

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de información pública sobre nave de porcino de ceba en Nande (Mouricios).

Pena do Carro, S.C., solicitou licenza para nave de porcino de ceba no lugar de Nande, parroquia de Mouricios, neste municipio. Ao abeiro do establecido no apartado 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente incoado a información pública polo período de vinte días no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello, sito na praza de España nº 1 de Chantada (Lugo), período que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do seu exame e, de ser o caso, efectuar as correspondentes reclamacións.

Chantada, 7 de xullo de 2012

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde