Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012186AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 20 de xuño de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2012186AL-CO incoado a José María Creo Barral.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a José María Creo Barral o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do
artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de xullo de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2012186AL-CO.

Interesado: José María Creo Barral.

DNI/NIF/CIF: 33279642-E.

Último enderezo coñecido: rúa Fonte dos Cabalos 4, 2º C. Vimianzo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición; artigo 50.1.e) e artigo 51.1, parágrafos 4º e 10º.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios: anexo II, capítulo IV, punto 6, capítulo V.1.b) e capítulo IX, punto 3.

R.D. 2483/1986, do 14 de novembro, sobre a regulamentación técnico-sanitaria das condicións xerais do transporte terrestre de alimentos e produtos alimentarios a temperatura regulada: artigos 8.3 e 9.3.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 300 € (trescentos euros).