Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador nº 2012190TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 20.6.2012, a Xefatura Territorial da Coruña ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2012190TA-CO incoado a Antonio García Caamaño.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Antonio García Caamaño o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de xullo de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2012190TA-CO.

Interesado: Antonio García Caamaño.

DNI/NIF/CIF: 32809473 L.

Derradeiro enderezo coñecido: lugar da Braña, 16, Erbecedo-Coristanco.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: a) Art. 35.b.2) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e art. 42.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. b) Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, nos seus artigos: 7.u) e 19.1.3.b).

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 601 € (seiscentos un euros).