Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 79/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: proxecto de LMTS e CTC. R/Alcalde Soto, 14-16 e anexo I.

Situación: Concello da Coruña.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,040 km, con orixe en cela de liña existente CT Alcalde Soto González, 7 (expediente 16/2012), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240) Al), e final en empalmes proxectados na LMTS GRN-711, tramo entre o CT Alcalde Soto González, 7 (expediente 16/2012) e o CT Juan Castro Mosquera (expediente 10.059), realizando entrada e saída no CT de 400 kVA proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña