Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 416/2006).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 1 do proxecto de LMTS, CT travesía Zapateira, nº 2.

Situación: Concello da Coruña.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT travesía Zapateira, nº 2, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,382 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-703A, tramo entre o CT San Francisco (expediente 10.309) e o CD Museo Luís Seoane (expediente 123/03), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final no CT travesía Zapateira, nº 2 (proxectado).

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña