Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30354

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (98/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña.

Fago saber: que no proceso seguido por instancia de Víctor Manuel Dopico Cruz contra Reteco, S.C., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 98/2010, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

Asunto 98/2010.

Na cidade da Coruña, 3 de xullo de 2012

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Víctor Manuel Dopico Cruz, que comparece representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Reteco, S.C. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza

Decisión

Que estimando a demanda interposta por Víctor Manuel Dopico Cruz contra a empresa Reteco, S.C., condénoa a que lle aboe a cantidade de dous mil setecentos sesenta e nove euros e corenta e un céntimos (2.769,41 euros).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirrva de notificación a Reteco, S.C. expido a presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xullo de 2012

A secretaria xudicial