Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30358

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (347/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 347/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio López Martínez contra a empresa Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L., e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 508/2012.

Nº autos: despido/ceses en general 347/2012.

A Coruña, 18 de xuño de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre despedimento entre partes, dunha, como demandante José Antonio López Martínez, que comparece asistido pola letrada Enma González Álvarez, e doutra, como demandado, Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L., e a administración concursal de Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L, que non comparece malia estar citada en legal forma.

En nome do rei, resolvo:

1. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por José Antonio López Martínez fronte á empresa Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L. e ao Fogasa.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0347 12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0347 12, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Bastega Construcciones y Rehabilitaciones, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xullo de 2012

O secretario xudicial