Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30357

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (131/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de José Ramón Franco Barros contra Exclusive Seller, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 131/2010, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

Autos 131/2010.

Na Coruña, 6 de xullo de 2012.

Lara María Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre cantidade, por instancia de José Ramón Franco Barros, que comparece representado pola letrada Sra. Quintela Rivadulla, contra a empresa Exclusive Seller, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza:

Resolvo que estimando a demanda interposta por José Ramón Franco Barros contra a empresa Exclusive Seller, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de mil seis euros e vinte e sete céntimos (1.006,27 euros), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a Exclusive Seller, S.L., expido esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xullo de 2012

A secretaria xudicial