Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30463

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Allariz

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza para ampliación de explotación cunícula.

Solicitada por José Luis Cid Núñez, en representación do Recuncho, SAT, licenza de actividade para ampliación de explotación cunícula, no predio resultado da agrupación das parcelas nº 467 e 460 do polígono 904 da zona de concentración parcelaria de San Vitoiro (Allariz), neste Concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública polo termo de vinte días, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP ou no Diario Oficia de Galicia, para que quen se vexa afectado dalgún modo por esa actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Allariz, 20 de xullo de 2012

Francisco García Suárez
Alcalde