Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30464

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de información pública sobre licenza de obras e apertura dun supermercado.

Cecosa Hipermercados, S.L. solicita licencia de obras e apertura para un supermercado na avda. de Juan García Naveira/esquina Fco. Aguiar, s/n (parcela 121 del Plan parcial do pasatempo-rfa. catastral 3821101NHH6932S0001KW), segundo proxecto adxunto (exptes. obras nº 97/2012 e apertura 6/2012). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño –polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental– exponse o citado expediente a información pública por un período de vinte días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, co fin de que durante este quen se considere afectado dalgún modo pola devandita actividade poida examinar o expediente orixinado e presentar as observacións ou alegacións que considere oportunas.

Betanzos, 2 de xullo de 2012

Antonio Vázquez Lorenzo
Delegado de Urbanismo