Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30465

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza para ampliación de explotación de gando vacún en Veiga.

Solicitada por Casa Seijas, S.C., licenza para construción de silos para ampliación de explotación de gando vacún de leite, no lugar de Veiga, parroquia de Veiga, ao abeiro do establecido no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente incoado a información pública polo período de vinte días no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios deste Concello, sito na praza de España nº 1 de Chantada (Lugo), período que comezará a contar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do seu exame e, de ser o caso, das correspondentes reclamacións.

Chantada, 20 de xullo de 2012

P.S.
José Castor Novoa Fernández
Primeiro tenente alcalde