Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30467

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre instalación dun establecemento de xestión, distribución e almacén de produtos deportivos.

Gestibeca Sport, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun establecemento de xestión, distribución e almacén de produtos deportivos na rúa das Cesteiras, parque empresarial IN-F, rueiro C, parcelas 7 e 8.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 9 de xullo de 2012

José Clemente López Orozco
Alcalde