Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan, non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

a) Descrición: saneamento no núcleo de Cañás. Carral (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.989.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 410.971,11 euros. Importe total: 484.945,91 euros.

Data de adxudicación: 13 de xuño de 2012.

Importe de adxudicación: importe neto: 356.969,51 euros. Importe total: 421.224,02 euros.

Data de formalización do contrato: 26 de xuño de 2012.

Contratista: Petrolam A Veiga, S.L.

b) Descrición: actuacións de saneamento en San Martiño e As Testadas. Poio (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.987.

CPV (referencia de nomenclatura): 45231300-8 e 45232431-2.

Medio e data de publicación de licitación: DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 854.151,98 euros. Importe total: 1.007.899,34 euros.

Data de adxudicación: 13 de xuño de 2012.

Importe de adxudicación: importe neto: 747.382,89 euros. Importe total: 881.911,81 euros.

Data de formalización do contrato: 2 de xullo de 2012.

Contratista: Lancer, Proyectos y Obras, S.A.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80%) de acordo coa Decisión C (2012) 1621 da Comisión Europea, do 27 de marzo de 2012, que modifica a Decisión C (2007) 6079 pola que se adopta o programa operativo de intervención comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do obxectivo de converxencia na Comunidade Autónoma de Galicia en España, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.3: construción de novas redes de colectores (saneamento e pluviais) e emisarios. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia