Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 21 de xuño de 2012, da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador E.S.OU-05/12.

Mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se menciona no anexo que con esta data resolvín publicar o acordo de incoación do expediente sancionador por infracción do réxime legal de vivenda protexida, por non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado poderá alegar canto considere conveniente e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula.

Ourense, 21 de xuño de 2012

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: E.S.OU-05/12.

Responsable: Juan Eliseo Gil Fernández.

Enderezo: Urbanización Pazo de Ramirás, rúa A-15; 32593 Ourense.

Feitos imputados: percepción de sobreprezo no arrendamento da vivenda protexida situada na rúa Valle Inclán, número 33, 1º F de Ourense, e polo incumprimento das exixencias relativas ao depósito da fianza concerniente ao contrato de alugueiro.

Infraccións: moi grave e grave.