Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Lama (expediente IN407A 2012/159-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avda. do Concello 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMT, CT O Peso.

Situación: A Lama.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 547 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 30-1 da LMT derivación A Barbeira, no cal se fai un paso aéreo-subterráneo, e final no CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/420 V, situado no Peso, Escuadra, Concello da Lama.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de xullo de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados.

Predio 1:

Municipio: A Lama; lugar: O Peso, Escuadra; ref. catastral: 36025A015011910000GY; titular: Comunidade de montes de Escuadra; enderezo: O Peso 27, Escuadra, 36838 A Lama; afección: 15 m lineais cunha superficie afectada 30 m2.

Predio 2:

Municipio: A Lama; lugar: O Peso, Escuadra; ref. catastral: 36025A015011800000GE; titular: Dora Moledo Garrido; enderezo: O Peso 13, Escuadra, 36838 A Lama; afección: 30 m2 de solo para o centro de transformación.