Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, dunha resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural pola que se denega a ampliación do prazo de corta do arboredo na zona de concentración parcelaria de Vilar de Vacas (Cartelle-Ourense).

Autorizada a toma de posesión dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Vilar de Vacas (Cartelle-Ourense), que foi obxecto de publicación na forma legalmente prevista no DOG nº 73, do 17 de abril de 2012, e visto o informe emitido polo Servizo de Infraestruturas Agrarias de Ourense, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu con data do 2 de xullo de 2012 denegar a solicitude de ampliación do prazo de corta na zona de concentración parcelaria de Vilar de Vacas (Cartelle-Ourense) por considerarse que o prazo establecido é suficiente para a retirada do arboredo e que a ampliación pretendida impediría a toma de posesión efectiva.

Ourense, 12 de xullo de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Xefe territorial de Ourense